“MANIFESTAS Vol. I”

Marzo 12, 2024

“Manifestas Vol. I” é a primeira entrega dunha serie de EPs nos que o dúo de pop electrónico Fanny & Alexander reivindica e remestura músicas dalgunhas das máis salientábeis voces femininas da escena galega. Para este primeiro volume elixiron catro cancións que están entre o máis logrado no último par de anos: “O outro lado” de Su Garrido Pombo (no álbum “Patios de luz”), “A da misántropa riquiña” de Lucía Aldao (no seu EP “Pava 2”), “Vida ainda” de Ugia Pedreira (do debut como A Pedreira “Segmento Cantábrico”) e o “Big Bang” de Mäi (no seu debut “Nigredo”).

Fanny & Alexander “ispe as cancións das súas roupaxes orixinais para voltalas construir dende os propios alicerces vocais en forma de reinvención en clave electrónica, levando as pezas orixinais a territorios tan inéditos coma as pistas de baile” e desde A Regueifa 2.0 infórnmannos de que tras o videoclip para a remestura de “Big Bang” protagonizado pola propia Mai (Iseo Agilda), nunhas semanas chegará unha segunda peza audiovisual para acompañar “A da misántropa riquiña” protagonizada pola propia Lucía Aldao.

Un acerto este de reivindicar catro notábeis cancións e intérpretes e levalas a un territorio diferente, especialmente no caso de Su Garrido Pombo e Lucía Aldao, as propostas en principio pop e rock da escolma.

www.aregueifa20.net

Pepe Cunha, 12-marzo-2024

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
Que a terra lle sexa leve a Luz Fandiño."Eu quero vivir soñandoeu quero loitar cantandoeu quero morrer sorrindoeu quero desnacer loitando." ... See MoreSee Less
Ver en Facebook