Måi “Nigredo”

Xuño 06, 2023

As letras e a voz de Iseo Agilda, a quen coñeciamos por Blues do País e Sacha na Horta, son as protagonistas dunha nova proposta chamada Mäi. Porén, e malia ser un proxecto moi persoal, podemos dicir que Iseo é unha das tres patas dun tallo que completan o produtor Tomás Ageitos e a cellista Margarida Mariño. Só así se entende un nobelo sonoro complexo onde enredan conceptos como urbano e electrónica con tradicional e orgánico.

O cello de Mariño xa está máis que afeito a xogar coa electrónica e o habitualmente produtor Ageitos implícase máis en arranxos e instrumentación, resultando moi salientábel o seu traballo sobre as percusións tradicionais. Nestas atmosferas, a cálida voz de Iseo encontra un acomodo perfecto nunhas cancións onde tamén atopamos un par de colaboracións notábeis: as voces de Yolanda Pose (Pura Mesura) rapeando en “Cando volvan as mareas”, un dos hits potenciais do disco, e os oud e bouzouki de Fernando Barroso na místico-oriental “Inshallah”. Sumen a xoia de pop bailábel “Big Bang” para ir entrando no disco e xa se poden deixar atrapar polas demais pezas que xogan a expresar melancolía, amor, luz e emocións varias.

En “Nigredo” atopamos unha amálgama elegante de atmosferas de emoción que soan a folk e a electrónica, a artificial e a auténtico cun coidado exquisito; un agarimo que non se limita ao sonoro, pois tamén ese gusto expándese os vídeos e á presentación física. Esta amósase nun formato curioso orixinal tamén: trátase dun despregábel que contén -ou non- o disco en sobre de cartón e o libreto e dentro atopamos un código QR para escoitar e descargar. Xa que logo, e sen renunciar a arte gráfica, pódese adquirir con ou sen o CD.

álbum en Spotify
repertorio

1 – Son verdor
2 – Altair
3 – Serpe de son
4 – Cando volvan as baleas
5 – Templo escuro
6 – Big bang
7 – +
8 – Inshallah

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook