Leman, xestor da Conservera, Patricia Hermida, directora de dotbeat! e Jacobo Sutil, director da Agadic
nota:
O SON DOS ARRIEIROS PON EN MARCHA UN CICLO DE 11 CONCERTOS QUE CONECTARÁ SALAS E TALENTO EMERXENTE EN TODA GALICIA
O ciclo O Son dos Arrieiros bota a andar este 2026 cunha programación de 11 concertos que percorrerán diferentes salas galegas entre os meses de maio e novembro, cunha proposta que busca conectar artistas, espazos e públicos a través da música en directo.
Inspirado na idea do camiño compartido dos arrieiros, o ciclo propón un percorrido tanto simbólico como real pola xeografía galega, facendo parada en Viveiro, Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa, Pontedeume, Boiro e Cambados. O proxecto nace coa vocación de acompañar o talento emerxente no seu tránsito natural desde as salas cara a escenarios de maior capacidade, entendendo este proceso como clave para o desenvolvemento e a sustentabilidade do sector musical.
O Son dos Arrieiros aposta por unha programación continuada que reforza o papel das salas como espazos fundamentais para o desenvolvemento artístico e a creación de públicos, contribuíndo a tecer unha rede cultural activa e descentralizada en Galicia.
Este ciclo forma parte das programacións apoiadas polo Agadic, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no marco das axudas a salas privadas, unha liña destinada a impulsar a música ao vivo e fortalecer o tecido profesional do sector.
O ciclo contará cunha programación que se desenvolverá en distintas localizacións e que inclúe propostas como:
16 de maio | La Conservera (Viveiro) — Tona + Grande Amore
2 de outubro | Sala Riquela (Santiago de Compostela) — Dani Cornes + Santi Araújo
17 de outubro | A Cofradía (Vilanova de Arousa) — Cora Yako + Familia Caamagno
14 de novembro | Guión Clube (Pontedeume) — Pava + Estrogenuinas
21 de novembro | A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) — Agoraphobia + Bala
29 de novembro | Krazzy Kray (Cambados) — Copos de Avena
Un cartel que combina proxectos emerxentes e consolidados, cunha forte presenza de novas voces e unha clara aposta pola diversidade estilística, reflectindo a riqueza da escena galega contemporánea.
Impulsado por Dotbeat e apoiado pola Agadir da Xunta de Galicia, O Son dos Arrieiros reinvéntase salientando o papel das salas como lugares onde non só acontecen concertos, senón onde se constrúen carreiras, se forman públicos e se sostén o tecido cultural.


