Cargando eventos

« Todos os eventos

091

Maio 21 @ 21:00 - 23:30
35€

nota:

entradas aquí

Volven os 091 e fano ao grande. Seis anos despois da súa última gravación, a mítica banda granadina presenta “No tiene sentido escapar”, o single co que abren unha nova etapa e que actúa como carta de presentación do seu disco “Espejismo nº9”.

O novo single evidencia que os granadinos atravesan un momento creativo excepcional, mantendo intacta a súa capacidade para desafiar o tempo cun rock cheo de poesía, enerxía esa elegancia tan propia do seu son.

Lonxe da nostalxia, este novo single revela o brillante presente dunha banda que segue a ser mestra en conxugar poesía, electricidade e actitude. Os Cero de sempre, os Cero de agora: unha formación en plena forma creativa, capaz de desafiar o tempo sen renunciar á súa esencia.

Detalles

Data:
Maio 21
Hora:
21:00 - 23:30
Custe:
35€

Recinto

Sala Capitol
Santiago de Compostela, Galiza + Google Map