Yusa

Outubro 23, 2015

nota:

Volve esta cantante e multiinstrumentista cubana ás Crechas, pero esta vez o seu show será mais jazzy, onde tamén convidará con cancións ao piano que se inundarán de bolero feeling e outras cores. Unha exquisita selección de músicas con sabor a jazz universal. Cancións ao piano, guitarra e voz, músicas de piano só, voces e algo de son cubano.

Yusa é unha compositora e intérprete cubana que mestura rock, jazz, pop, sonoridade brasileira e fonda raíz cubana, como a rumba, a trova e o son. Yusa volve a Santiago logo da súa xira pola Península presentando o seu novo disco, “Libro de cabecera en tarde de café”.

A virtuosa vocalista, guitarrista, tecladista, baixista e percusionista cubana nada e criada na Habana do Leste representa a nova onda de músicos cubanos que condensan a tradición do seu país cos sons do resto do mundo. Yusa leva xa 5 traballos discográficos publicados.: “Yusa” (2002); “Breathe” (2004); “Haiku” (2008) o DVD “Yusa live at Ronnie Scott”s”, “Vivo” (2010), “Libro de cabeceira en tardes de café” (2012) foron editados en Europa, Cuba, Estados Unidos, Xapón, Arxentina e Brasil.

Premiada en tres ocasións co maior galardón que un músico cubano pode ter na illa, o premio “Cuba Disco”, polo seu 1º disco, polo segundo e por ter composto para o proxecto Interactivo Band. Logo de ser nomeada aos Premios da BBC de Londres, participou xunto ás súas dúas compañeiras de terma, Lila Downs e Susana Baca, da Xira “Latin American Voices” (Mulleres Latinas) 2004, percorrendo once cidades inglesas. No ano 2005 foi convidada por BLUE NOTE Xapón a realizar un ciclo de shows coa súa banda no destacado local de jazz situado en Tokyo.

Convidada o músico brasilero Lenine, Yusa formou parte do Trío Planetario xunto ao percusionista arxentino Ramiro Mussoto, con quen gravou o DVD In Citei na cidade de París, logo premiado cun Latin Grammy na terna “Best Brazilian Contemporary Pop Album and Best Song”. Participou na clausura dos XV Xogos Panamericanos en Río de Janeiro, Brasil, compartindo o escenario do estadio Maracaná con Jorge Drexler e Lenine, entre outros artistas.

A artista cubana que renova a música latinoamericana no mundo, comezou o ano 2015 co seu desembarco en Chile, por cuarta vez, pero esta foi unha especial ocasión xa que foi convidada ao primeiro Festival WOMAD que levou a cabo en Latinoamérica. Logo pasou por Arxentina onde realizou unha xira por mais de 10 cidades, finalizando en Buenos Aires e participando do especial da TV Pública polo día da muller, “Somos Todas Mulleres en Liberdade”.

Dixeron dela na prensa mundial:
“Yusa”s voice comes from the very root of black America and bewitches the audience with a mix of jazzy tunes, Cuban folk, tropical sound and poetry; that defines her style: the eternal romance between silence and sound” (CD Vivo – Rolling Stone Magazine, 2010)
Nominated at WOMEX 2002 in two categories for the BBC Radio 3 World Music Awards: Best Newcomer and Best of the Americas
“Yusa has arrived as a powerful new voice stocked with a profound knowledge of her musical roots and an innovative reinvention of Cuba”- Global Rhythm, USA

The winner of Cubadisco 2003, fusion category

European World Music Chart, Top 10
“Like a vocally dexterous Tracy Chapman with a large jazzy collection” – Neil Bennun, BBC Online
“Yusa is an aural journey from start to finish” – Miami New Times
“Top of the World” Critics Choice, Songlines
“Is it any surprise that she”s been nominated for an award in two categories?” – FRoots/BBC Radio 3 World Music Awards
“Yusa hace salir su voz de la entraña misma de la América negra y hechizada a la audiencia con una deliciosa pócima de climas jazzies, folk cubano, tropicalismo y poesía que redefinen el eterno romance entre el sonido y los silencios” (Disco Vivo **** – Revista Rolling Stone, 2010)
“Una de las voces más nuevas y relevantes de la música cubana” (La Nación)
“Una voz sugestiva en clima jazzy” (Revista Rolling Stone)

Vídeos:

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
7 €