Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Amoeba Split ft. Richard Sinclair (Caravan)

Abril 26 @ 21:00

12€ - 15€

nota:

Concerto no Ágora de Amoeba Split, unha banda coruñesa de jazz rock con máis de 20 anos de traxectoria. Considéraselles na actualidade como un dos máximos expoñentes mundiais do “Son Canterbury”.

Foron recoñecidos por expertos internacionais en múltiples ocasións como unha das mellores formacións de jazz-rock progresivo de Europa, e foron premiados pola crítica especializada no xénero (Premio Progawards a mellor disco de debut de Rock Progresivo). Actuaron no prestixioso “Finisterrae Prog Festival”, xunto a celebridades como Al Di Meola, Neal Morse ou Jan Akkerman. Ademais, actuaron no Festival de Jazz de Montreux, entre outros importantes eventos do jazz e o rock..

En abril 2023 publicaron o seu terceiro disco, “Quiet Euphoria”, situado no TOP 20 de todos os discos editados no mundo en 2023 por Progarchives, referencia no estilo.

Pola súa banda, un atractivo importantísimo para este concerto será a presenza de Richard Sinclair. Músico inglés coñecido por ser un dos pioneiros da escena de Canterbury, música de grande orixinalidade que combina numerosas influencias, entre as que destacan o rock progresivo, o jazz e o folk. A súa voz é a máis reconocible do estilo e a súa forma de tocar o baixo influíu a varias xeracións de músicos. Formou parte entre outros dos grupos CAMEL e CARAVAN, realizando xiras mundiais desde os anos 70, actuando ademais nos principais espazos televisivos de Inglaterra (Top of the Pops, BBC Sigh and Sound, Beat Club etc).

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/convocatorias/actividades/detalle-actividades/amoeba-split-ft-richard-sinclair-caravan/suceso/1453864739951?argIdioma=gl

Detalles

Data:
Abril 26
Hora:
21:00
Custe:
12€ - 15€

Recinto

Centro Agora
A Coruña, Galiza + Google Map