Xera

Setembro 25, 2014

nota:
Xera, un dos grupos máis destacados do folc asturiano presenta o seu último disco, ‘Raíz’, no que volve ao formato acústico

Casa das Crechas acolle un concerto de Xera, un dos grupos máis importantes do actual folc asturiano. Xera naceu como consecuencia da combinación da alta enxeñería de son con conceptos musicais sinfónicos baseados na música tradicional asturiana. Deste xeito, logran un amplo abano de estilos dentro do concepto da electrónica (normalmente de tendencia minimalista) reflectidos en cada un dos seus sons.

Xera ten unha traxectoria de dez anos no máis alto da música asturiana e nas Crechas presentarán o seu último disco, ‘Raíz’, que extrae a esencia de toda a súa música e a reconvirte ao formato acústico. Voz, bouzouki, violín, bandurria, zanfona, bodhdran e caixón son os instrumentos que utilizan neste regreso á raíz.

Xera levan desde 2004 revolucionando a música tradicional asturiana. Pioneros no xénero nufolk, a formación creou un estilo único onde as raíces culturais de Asturias se mesturan cun universo de sons electrónicos. Os seus tres discos anteriores e o rompedor espectáculo de “Llume” aválanos. Aire fresco e renovación definen a un grupo recoñecido internacionalmente e premiado numerosas veces (premio AMAS ao mellor directo e melor disco folk, circuitos Injuve dp Ministerio de Cultura, 2º posto Liet International…).

Agora, “Raíz”. A banda marca un punto de inflexión na sua traxectoria e plantexa o reto de adaptar as súas cancións e a súa sonoridade ao ámbito acústico.

Máis información:

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €