X aniversario de Ábrete de orellas.com : Projecto Mourente + Grampoder

Marzo 16, 2013

Dentro da programación do X aniversario de Ábrete de orellas.com, sesión dobre de concertos, con sorteo de discos do selo DoFol, Galeokes e outras sorpresas.

Grampoder é o novo proxecto dos composteláns Le Roi e Martin Wu, anteriormente en bandas como The Homens, Stay Pretty, Fame Neghra ou Mato Grosso. Neste novo proxecto en dúo mesturan a súa actitude roqueira de sempre cunha instrumentación acústica, máis portátil,
pop campestre, folk psicodélico, punk acústico o quizá hardcore comeflores. Están a piques de presentar o seu primeiro álbum.

Projecto Mourente é uma iniciativa persoal aberta à participaçom da gente. Trata-se de fazer pop em galego com tecnologia doméstica. Compomos e gravamos na casa para difundir o resultado na rede. Poucas vezes damos concertos, pero já temos percorrido umas quantas vilas “senlheiras” (Melide, Carvalho, Lalim etc.). Voltamos a Ferrol para celebrar o aniversário de “Abrete de orellas” presentando algumas canções do novo álbum “A pior” sem esquecer os nossos temas mais conhecidos (Como os caranguejos, Que me enterrem na discoteca, Chuliboy, Controla-te).

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Pub Manchita Cosa, Ferrol.
5 €