VVAA “25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe”

Setembro 15, 2021

Disque quen sementa, recolle e se hai unha banda no rock do país que deixa un rego de perseverancia, compañerismo e compromiso son os Ruxe Ruxe. Agora que chegan aos 25 anos de traxectoria -e nun dos seus mellores momentos, por certo-, unha trintena de nomes do noso país acudiron á chamada dos argallantes desta merecida homenaxe, músicos amigos. Trátase dun recoñecemento que chega non só de bandas máis afíns ao punk-rock sobre o que orbitan desde 1996, polo que o disco dobre en conxunto ofrece diversidade abonda sen perder ese toque Ruxe das letras e o espírito.

Como ocorre cando falamos de disco tributo ou de versións, esperamos ese abano que vai desde ser moi fiel á orixinal até reinventar unha canción, e así cadaquén celebrará máis ou menos as diferentes achegas. Hai variedade desde que abre unha Banda da Loba máis roqueirizada até que fecha O Leo i Arremecaghoná, ambas interpretando o himno “Adiante”. Pauliña leva “Que o demo me leve” á rancheira punk, O Sonoro Maxín enchoupan en zydeco “A máquina”, Battosai cobre “Sangue sobre cemento” de rock after-punk, Alfonso Espiño xúntase a Samesugas para darlle area country a “Lei de vida”, Secho leva ben “Anacos” ao seu terreo, Berlai reinventa con humor e pop-épico a “Alfaia punk”, Sr, Salvaje danlle toda a contundencia roqueira a “Terceira guerra”, o metal pono Machina en “Refachos”, o toque acústico aparece con Ghavilla en “Terra Nai” e a Ukestra do Medio en “Sonhos”…

Obviamente menos sorprendentes son as presenzas de bandas veteranas e máis roqueiras como Deseqlibrio Mental, O Reverendo Can, Rastreros ou Zënzar (“Lobicán” soa impecábel) e bandas máis novas como Cuarta Xusta, pero todas sobrepuxéronse aos meses de confinamente e restricións da pandemia para gravar e recoñeceren expresamente en cadanseu texto no libreto o labor da banda de Aríns. Para ela, e en xeral para a música do país, seguen a ser tempos complicados, pero iniciativas de encontro e recoñecemento como esta fan piña e animan a seguirmos loitando por mudar a situación. “Adiante, adiante, adiante, sempre adiante”

Pepe Cunha, 15-setembro-21

artistas participantes:

A Banda da Loba, Biribirlocke, Sr. Salvaje, Espiño & Samesugas, Pauliña, Battosai, Broa, Zënzar, Deseqilibrio Mental, Som do Galpom, O Sonoro Maxín, Secho, Urko, Factoría de Sybsistencia, Berlai, Os Vacalouras, A banda do Elías, Machina, Pito de Pikasso, Nuada, Ghavilla, Cuarta Xusta, The Tetas’ Van, Caudillos, O Reverendo Can, Ukestra do Médio, Rastreros, Cru, Pakolas, Noite Fechada e Leo i Arremecághona.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook