Volve o Festival Sinsal Son Estrella Galicia á illa de San Simón

Febreiro 08, 2016

nota:

Galardoado como Mellor Festival de Formato Pequeno de España (Premios Fest) celébrase os días 22, 23 e 24 de xullo de 2016

Tres días de música e experiencias inesquecibles rodeados de Atlántico. O Festival Sinsal Son Estrella Galicia volve á illa de San Simón (Redondela) en 2016. Galardoado como “Mellor Festival de Formato Pequeno” na última edición dos Premios Fest, celébrase os días 22, 23 e 24 de xullo. A música habita a illa durante tres xornadas compoñendo un cartel que foi secreto para o público nas últimas edicións. Un modelo de festival que atrapou a artistas e público desde o seu inicio e que en 2016 presentará novidades relacionadas coa gastronomía, transporte e acceso do público menor de 16 anos.

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia celébrase nunha illa, a de San Simón, no corazón das Rías Baixas e nun enclave único pola súa riqueza natural. O público chega á illa nos barcos fletados pola organización nunha viaxe de aproximadamente media hora que se converte na primeira das experiencias do festival. O aforo limitado nun espazo a disfrutar e respectar como é a illa de San Simón fai deste festival un evento moi afastado do concepto de aglomeración. Un festival diúrno e moi familiar, tanto pola proximidade de músicos e organización co público como polo feito de promover a participación da audiencia máis noviña da casa.

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia levou á illa en anteriores edicións a artistas como Alt-J, L´Enfance Rouge, Hoquets, Jacco Gardner, Mdou Moctar, Chelsea Wolfe, Baden Baden, Owen Pallett, Wire e All We Are, entre outros. Na súa filosofía, compoñer un cartel procedente de diferentes continentes con músicos que definen os sons de hoxe e que, non en poucas ocasións, encabezan a curto prazo os festivais máis prestixiosos de Europa, sendo San Simón un talismán para eles.

Nesta nova edición, a sexta xa na illa de San Simón e a décimo cuarta do Festival Sinsal, a organización conta co apoio renovado de Son Estrella Galicia e New Balance, marcas que un ano máis confían no evento promovido por Sinsalaudio e coas que o festival estableceu unha extraordinaria relación de complicidade. Ademais, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia conta tamén co importante apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, do concello de Redondela e de Turismo Rías Baixas.

Tras a edición de 2015, na que se esgotaron as localidades de sábado e domingo, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia de 2016 presentará algunhas novedades destinadas a mellorar a experiencia do público en relación ao transporte en barco, gastronomía e acceso de público menor de 16 anos. Entradas e abonos sairán á venda durante este mes de febreiro.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook