Víctor Coyote – programa doble

Decembro 05, 2013

nota:

Víctor Coyote: Programa Dobre
Microteatro e microconcerto nunha proposta moi especial

Víctor Coyote presenta -nun espectáculo 2X1- varias das súas facetas: cantante, compositor, actor, escenógrafo, autor. A necesidade obrigouno. E en Víctor a necesidade de traballo sempre vai unida á necesidade de expresión. O artista e o traballador son sempre a mesma persoa. PROGRAMA DOBRE consta de dúas obras independentes -unha, absolutamente teatral e outra, un concerto en solitario- unidas por un xeito de ver o mundo baixo dous premisas: a) Máis vale que o tráxico teña unha cara humorística. E b) O solemne, subliñado, é patético.

AXENDA