Víctor Aneiros

Decembro 01, 2011

Entrada:
Normal: 8 €
Abonados: 5,60 €
Carné Xove ou de Estudiante (ata 25 anos): 4 €
Teléfono: 981 391144
E-mail: p.cultura@naron.es

Concerto PRESENTACIÓN DO DVD
“VÍCTOR ANEIROS AO VIVO”

Durante o 2010, non puido agromar no mundo da música galega unha iniciativa máis propia e ó mesmo tempo internacional, que a edición de “Brétemas da memoria”. O novo disco en galego de Victor Aneiros estreita as marxes entre o blues e a nosa cultura, coa axuda dos poemas de Ramiro Fonte. Pensamos que poucas veces a perda e a melancolía, a saudade en letras grandes, teimas ben recoñecibles do poeta galego, tiveron unha aproximación musical semellante. Cancións como “Autor de westerns”, adicado ao cineasta John Ford, ou “Vida bohemia”, berro nostálxico da xuventude perdida, fainos entender que a poesía de Ramiro era puro blues. O quinto disco do músico ferrolán é a proba da persistencia dos seus valores, a prol da irmandade entre a música máis negra e o noso xeito de sentir.

A piques de rematar o 2011, Aneiros edita o DVD “Victor Aneiros Ao Vivo” gravado no Teatro Jofre de Ferrol, con motivo da presentación de “Brétemas da memoria”.

Ademais dos músicos que lle acompañan habitualmente contou coa colaboración de Mauri Sanchis (órgano hammond), Julie Guravich (voz), Roberto Somoza (saxo tenor), José Rodriguez (saxo tenor), Pedro Lámas (saxo barítono) e José Somoza (trompeta)

O DVD foi realizado por Simón Vázquez coa produción de Pablo Garaloces e a colaboración de Infernos.TV, Gseis Audiovisuais e Jaime Fernández Cuña.

Esta rara avis da música galega iniciou a súa carreira en solitario en 1999. Ten cinco disco editados, os tres últimos en galego onde pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Curros Enríquez, Amado Carballo e Xose Carlos Caneiro.

O seu tema “Miña bala perdida” foi nomeada a mellor canción en galego na edición dos premios da música 2009.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Pazo da Cultura, Narón.
8 / 5,60 / 4 €