verbena galega: Pandeiromus + O Sonoro Maxín

Xullo 27, 2013

nota:

O novo proxecto de Culturactiva SCG, a Verbena Galega, chega este sábado ao Festixeve con grupos como Pandeiromus e O Sonoro Maxín ademais da sesión picadiscos de Nonito Mondosonoro e Isabel Risco como presentadora.

Chega a Xeve “A festa de sempre como nunca a viches” cun estelar “pack cultural en galego” e nun tráiler con 40.000 w de son Line Array e 100.000 w de iluminación espectacular, que xa comezou a xirar por Galicia con varias datas xa pechadas desde a súa presentación o 17 de maio en Lugo e está dispoñible para chegar a calquera recuncho do país.

Logo do grande éxito colleitado o pasado domingo en Mugardos, as máis de 5 horas de música e baile en galego desembarcan este sábado no Festixeve con entrada de balde e para todos os públicos.

AXENDA

22:30 h.
Festixeve, Campo de Vilar, Lugar de Fragoso, Xeve (Pomtevedra)
De balde.