nota:
TRIM
Os galegos Pedro Fariñas e Fernando Barroso e o portugués Luís Peixoto forman este trío de gaita e cordas. Sempre dentro da súa propia visión da música instrumental, crean temas orixinais que beben das músicas populares galega e portuguesa. A súa xa amplísima traxectoria individual e a súa versatilidade fan do deste trío un proxecto innovador no panorama folk actual.