the last 3 lines “crows”

Outubro 02, 2009

Xa comentamos aquí o seu interesante debut “You Are a Big Forest” e agardabamos novo material, que chega da man deste EP con 3 novas cancións: “Fish Tank”, “Crows” and “Women & Children First”, ademais do remix da primeira, subtitulado “Our classmates were robots RMX”. Unha embriagadora combinación de ritmos britpop dotados de máis enerxía e mesturados con distorsión, post-punk decadente, o noise duns Sonic Youth, Kaiser Chiefs, garaxe e psicodelia. Agora a aportación dos sintetizadores e programacións de Marc Mateu completan unha música máis electrónica e bailable e refórzaos coma uns dos mellores recolledores peninsulares da corrente británica de electro-rock bailable. Como acontece coas demais edicións deste entusiasta selo independente catalán, podes descarregar o álbum Aloudmusic.com , pero tamén se lanzou un precioso vinilo blanco de 7″, que contén dous temas e inclúe un CD con outros catro. videoclip con estética retro-futurista: http://www.youtube.com/watch?v=rv6MdJE-40s
Pepe Cunha 2-outubro-09

AXENDA

Facebook