telephones rouges

Decembro 20, 2012

Cachán Clube, Rúa Loureiros, 16. Compostela

Continúa a presentación de “Disenso” por parte de Telephones Rouges, desta vez en Santiago de Compostela, no Cachán Clube.

Sonarán cancións do novo material, e algunha que outra das anteriores. A banda está moi contenta co resultado do disco e a súa esencia, algo que buscan reflectir en cada un dos concertos que están a dar nesta xira de presentación.

Haberá vinilos de 12″ dispoñibles no Cachán para adquirir na man. LP’s recubertos cun precioso artowork realizado por Begoña García.

Nesta gran festa contamos coa participación do amigo e artista Rubén Luengo, que recitará parte do seu poemario coa naturalidade coa que nos ten acostumados.

Último xoves en Santiago antes do nadal, veña home, non me digades q tedes plans mellores!!!

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Eis a presentación de Alana, o adianto do disco que lanzarán en primavera. Foliada de Negreira baséase na canción co mesmo nome do repertorio de Cántigas da Terra. Urdime ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Cachán Clube, Santiago de Compostela.
5 €