sorteamos entradas para ver a Yllana con “Star Trip” no Teatro Jofre (Ferrol)

Decembro 15, 2015

Este sábado 19, a compañía Yllana estará no Teatro Jofre de Ferrol. Entra no facebook de Ábrete de orellas e opta a unha das entradas individuais.

nota do espectáculo:

Yllana lévanos de viaxe polo espazo desde Ferrol con “Star trip”. A representación será este sábado 19 ás 20.30 horas no Teatro Jofre ferrolán.
En Star Trip, Yllana percorre o alucinante e absurdo mundo da ciencia ficción e o espazo, co seu característico humor negro e a súa linguaxe universal e sen palabras.
Cunha coidada banda sonora e elaborados efectos visuais, Yllana homenaxea unha serie de xéneros moi queridos pola compañía: a ciencia ficción, as películas do espazo e o terror científico.

A compañía Yllana volve aos escenarios galegos esta fin de semana, cun espectáculo de teatro xestual e efectos visuais que xoga coa ciencia ficción, Star trip. A función será o sábado 19, ás 20.30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol, e as entradas pódense obter a través da web do Concello, escollendo o espectáculo no enderezo http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx, ou na billeteira do Jofre, de martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. E o propio sábado, ata dúas horas e media antes do inicio da función

Os protagonistas son catro intrépidos astronautas que levan 50 anos hibernando nunha nave espacial que vaga polo espazo, e cuxa misión é atopar vida intelixente no universo para, unha vez achada, escangallala.

O espectáculo comeza co espertar da nosa audaz tripulación. A súa loita por dominar unha nave que ten vida propia, o laborioso día a día nela, e os diferentes mundos cos que van chocando son o punto de partida dunha vertixinosa viaxe aos confíns da comedia.
Yllana é creatividade. Creada en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, na actualidade diversificou a súa actividade no mundo das artes escénicas e audiovisuais. A súa aposta céntrase, aínda que non exclusivamente, nun humor sen palabras, irónico e interactivo, buscando no público a máis libre das gargalladas.

Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo. Desde o seu xenial encontro coa escena, Yllana produciu 25 espectáculos, entre os que cabe destacar: Muu!, Glub Glub, Star Trip, Los Mejores Sketches de Monty Python, Pagagnini, Brokers e Zoo, que se representaron en 44 países e foron vistos por preto de dous millóns de espectadores.

AXENDA

Facebook