Sonia Lebedynski

Maio 26, 2016

presentación do disco “Deserto de centos”

nota:

Sonia bota a andar a súa carreira en solitario con ‘Deserto de centos’ logo de ser a ‘front woman’ de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais. Estamos diante dun disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…
‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.
Unha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por unha magnífica banda, con Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono), José Manuel Díaz (baixo), Manuel Paino (trompeta) e Jose Luis Miranda (trombón).
Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.

AXENDA

Facebook