nota:
O sábado 5, día grande do festival, as actividades comezarán ao mediodía na Praia da Banda do Río, cunha nova edición do Casa SonRías, un peculiar restaurante musical no que os Poetarras prepararán Rodaballo guisado e Anguriñas ao allo con gambón, man a man cos cociñeiros de El Rincón de Cela e Ipeansa catering e ofreceranllo ao público asistente en formato tapa a uns prezos moi axustados. Na ambientación musical, Guerrera, Hexany, The Soul Breakers e Wöyza. Despois, proxeccións de curtas musicais no Centro Social mar de Bueu. E, pola noite, pechará o festival unha enerxética noite de concertos, coa rumba festiva dos Estopa, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv, a descarga dos valencianos Zoo, o rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, Arco, e o Dj SonRías.
Os bonos que permiten asistir aos tres días de festival están á venda na web 35,50 € máis gastos. Ademais, hai un pequena cantidade de entradas para asitir venres ou sábado por 25 euros máis gastos.
Sábado 5
Recollida de pulseiras: 17h – 2h
Apertura de taquillas: 17h – 4h
Casa SonRías – Escenario Pescanova – Praia da Banda do Río
12h00 Rock&Cook cos Poetarras
12h00 The Soul Breakers
13h15 Woyza
15h00 Hexany
16h30 Guerrera
Centro Social do Mar de Bueu
17h30 Proxección de curtas musicais, co FIC Bueu
Escenario Super Bock – Recinto Multiusos da Estacada
19h30 Apertura de portas
20h15 Arco
21h45 Estopa
23h45 Dubioza Kolektiv
01h45 Zoo
03h30 Dj SonRías