Silvia Penide

Marzo 13, 2020

nota:
Non todos os concertos se suspenden. Este será un dos que se manteña (salvo sorpresa de última hora). Plantexado como se tocase para as suas amizades no salón de casa, Silvia Penide coa sua guitarra, voz e cancións, encherá o Pazo da Cultura de Carballo. Dentro da xira do seu sétimo traballo de estudio chega a cita acompañada en diversas cancións por unha ampla lista de artistas convidados que convertirán a cita en algo inesquecible e irrepetible. Serán oito amigas e amigas que irán subindo para facer máis especiais as cancións. Dende o poeta, pintor e mariñeiros Xosé Iglesias, ou o pianista Serxio Moreira, pasando por Maraya Zideco (acordeón), Paul Álvarez (guitarrista habitual da banda de Silvia), a escritora Laura Rey Pasandín…

Será o vernes 13 de marzo ás 21:00 e con entradas a so 3 euros, con tarifa reducida para diversos colectivos. Venta anticipada en Eventbrite

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Pazo da Cultura, Carballo.
3 €