Sharon Jones and the Dap-KIngs

Novembro 22, 2014

nota:

A diva indiscutible do soul actual chega por 1ª vez a Galicia no mellor momento da súa carreira. Trás superar un duro cancro de páncreas, diagnosticado pouco antes da gravación do seu novo disco, Sharon Jones volve totalmente recuperada cun novo traballo chamado “Givethe people what they want” que a volveu ratificar como a raíña absoluta do soul do século XXI.
A súa poderosa voz deixou patas arriba recintos emblemáticos como oApollo de Nova York, o Sydney Opera House ou o Hollywood Bowl e artistas do talle de Beck, Mick Jagger, Prince ou John Legend a citaron como unha das súas artistas preferidas na actualidade.

Debutou na música cumpridos os 40 tras descubrila os capos deDaptone Records e o seu primeiro disco “Dap Dippin” with Sharon Jones & The Dap Kings” publicouse en 2002.
Hoxe en día aos seus 58 anos ten ás súas costas unha carreira triunfal que a levou a colaborar con grandes artistas de diferentes estilos comoCharles Bradley, Michael Bublé, Booker T. Jones, ou Matt Berninger, cantante de The National.

Os seus concertos son comentados alá por onde pasa, famosa por ser unha auténtica apisoadora en directo. Este próximo Outono chega a España nunha exclusiva xira de 4 datas que unicamente pasará por Madrid, Barcelona, San Sebastián e Vigo.
Arroupando a Ms Jones como escudeiros de luxo chegan The Dap-Kings, a magnífica banda que acompañou a AMY WINEHOUSE durante a súa curta pero exitosa carreira.
Sen dúbida un dos concertos do ano en Galicia.

AXENDA

21:30 h.
Auditorio Mar de Vigo.
Desde 18 €