SérgioTannus

Decembro 18, 2012

ciclo Sons.

presentación do disco “Son Barsilego” acompañado de moitos dos invitados que colaboraron na gravación do disco
Sérgio Tannus é un dos máis completos artistas da safra brasileira. Virtuoso en instrumentos variados, como violões, guitarra, baixo, cavaquinho, bandolín e percusións, comezou a tocar dende cedo, cando tiña oito anos. Autodidacta, o músico foise perfeccionando na búsqueda de novas sonoridades, aliadas ás influencias e estilos universais, sen entretanto, deixar de lado a sua brasilidade.
qué

Cidadán do mundo, nacido en Itaperuna e morador da cidade de Niterói-RJ desde seus 7 anos, o artista dende 2006 vive en Santiago de Compostela, en Galiza, onde ven divulgando o seu traballo de multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa. No anterior proxecto e concerto instrumental chamado “Múltiplos Caminhos” (tamén nome do CD), el compuxo todas as cancións e os arranxos. Ali Tannus probaba a súa diversidade musical e versatilidade, que o permitiu gravar todos os instrumentos e ritmos variados daquel CD.

Como resultado deste brillante traballo conseguiu unha gran repercusión en Europa, que o levou nos últimos anos a acompañar e gravar CDs de numerosos artistas como Uxía (con quen co-produciu “Meu canto”, gravado en Brasil), Aline Frazão, Malvela, Najla Shami, Banda das Crechas, Dulce Pontes, João Afonso, Fred Martins, etc. Ademáis de tamén co-producir ou colaborar en varios CDs infantis, e actuar co seu trío en obras teatrais como “Ordem e Progresso” xunto a Carlos Blanco.

Tras numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este 2012 proponnos o proxecto do seu novo disco “SON BRASILEGO”. Un proxecto de grande porte e numerosos colaboradores, onde estará apoiado como sempre pola formación base que conforma o seu trío. Acompañarase tamén en “SON BRASILEGO” de todos aqueles artistas galegos que o coñeceron e compartiron con el grandes momentos musicais en todos estes anos que leva vivindo en Galiza. Outros músicos portugueses, brasileiros, angolanos…. cos cales tamén ten compartido estes anos de traxectoria artística tamén estarán presentes neste traballo, constituíndose así nunha auténtica ponte musical entre os países da lusofonía, especialmente entre Galiza e Brasil.

“SON BRASILEGO” aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns. Trae a marxe da música intuitiva á reflexión sobre a nosa identidade e irmandade, e sobre todo sobre o futuro da mesma a través da música e desa sonoridade atlántica que nos torna “brasilegos”. Pero sobre todo é un agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico de Sergio Tannus neste lado do Atlántico.

TRÍO…

Hai un grupo ben nutrido de músicos brasilegos que están facendo realidade unha ponte cultural atlántica sólida e firme que contribúe a afianzar aínda máis os lazos que xa existen entre os dous países.

Dous destes músicos denominados brasilegos son os que completan o trío base de Sergio Tannus: Serginho Sales e Paulo Silva.

Serginho Sales (piano, teclado e acordeón) ademáis de músico, é productor e arranxista musical de Minas Gerais. Comezou dende moi novo estudiando piano clásico ata que decidiu seguir un estilo popular brasileiro o cal xa non abandonaría. Durante 15 anos formou parte do grupo brasileiro “Só pra contrariar” co cal conseguiu numerosos premios no Brasil, o World Music Awards, nominacións aos Grammy Latino, varios discos de ouro, plata e diamante en España…. Ten tocado e gravado con artistas de renome como Roberto Carlos, Gilberto Gil, Caetano Veloso, Daniela Mercury….

Paulo Silva (percusión), natural de Salvador de Bahia cursou estudos na escola de música da Universidade Federal de Bahia. Ten unha ampla experiencia en música de cámara clásica, contemporánea e música popular. Cursou estudos de batería de jazz con Michael Kuettner en Alemaña e participou en numerosas gravacións como batería, percusionista ou cantante. Dende que vive en Galicia xa traballou con artistas como: Budiño, Odaiko, Uxía, Guadi Galego, Xoán Curiel, Emilio Rúa, Carlos Branco, Quico Cadaval, Óscar Fernández, Óscar Ibáñez, Mercedes Peón, Jorge Pardo, Kepa Junkera, Socorro Lira, Fred Martins, Joao Afonso, L.A.R. Legido, Monkillos, Alejandro Vargas, entre outros. Compaxina a súa actividade musical dando clases de batería e percusión brasileira e latina por toda a xeografía galega.

prezo das entradas
8 euros (anticipada)
10 euros (día do concerto)
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Teatro Principal, Santiago de Compostela.
8 / 10 €