Sérgio Tannus Trío

Xuño 13, 2015

nota:

6 € /3 € (soci@s)
Sérgio Tannus é, hoxe por hoxe, un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Autodidacta e cidadán do mundo, o artista comezou a súa traxectoria musical profesional moi cedo, aos 14 anos. Despois de moitos anos acompañando a diversos artistas, decidiu gravar o seu primeiro proxecto musical en solitario titulado Múltiplos caminhos, onde asinou todas as composicións e arranxos. Dese xeito Tannus confirmaba e consolidaba a súa versatilidade e calidade musical, gravando todos os instrumentos do álbum. Grazas a este traballo emprendeu unha longa xira por diversos países europeos, como Francia, Alemaña e Portugal. No seu periplo polo vello continente descubriu Compostela, onde decidiu quedar a vivir. Desde a súa chegada a Galiza, ven compartindo experiencias e colaboracións, como músico acompañante e/ou produtor musical, con artistas como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico Cesar, Lenine, João Afonso, Kepa Junkera, entre moitos outros. Un proxecto de gran porte e numerosos colaboradores, con cancións e arranxos orixinais do propio Tannus, sempre apoiado pola formación base que conforma o seu trío xunto a Gutier Álvarez e Paulo Silva. Acompañárono en Son Brasilego moitos daqueles artistas galeg@s que o coñeceron e que compartiron con el grandes momentos musicais en todos eses anos que leva vivindo na Galiza. É un traballo que aposta polo intercambio, polo achegamento cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e as raíces comúns. Trae ademais da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e irmandade -e por riba de todo- sobre o futuro das mesmas a través da música e desa sonoridade atlántica que nos fai a todos ser “brasilegos”. Sergio Tannus estará ás guitarras, voz e percusións; Gutier Álvarez á zanfona, violín e gaita; e finalmente, Paulo Silva á percusión

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook