Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky homenaxean o Día da Lingua no festival “O Bule -Bule. Son dos chífanos”

Abril 10, 2013

nota:

“O Bule – Bule. Son dos Chífanos” é un festival que reúne tres bandas de referencia para celebrar a festividade das Letras Galegas e homenaxear ao escritor Roberto Vidal Bolaño. Ruxe – Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky subirán ao escenario da Sala Capitol, en Santiago de Compostela, a noite do 16 de maio, no que pretende ser unha festa da Lingua destinada a todos os públicos.

O cartel do “Bule – Bule” ofreceralle aos asistentes unha noite de baile e algarabía, con tres formacións musicais caracterizadas polo seu compromiso co idioma propio, como preámbulo ao día grande da Lingua. O nome do evento fai un aceno ao conmemorado Roberto Vidal Bolaño, a través do título dunha das súas derradeiras obras “A noite que os chífanos deixaron de zoar”.

A iniciativa está promovida polas produtoras galegas I-Radia Crea e En Panties Producciones, que na actualidade colaboran xuntas noutros proxectos culturais como o ciclo de música en directo “Baixo a vide. Concertos con denominación de orixe”.

O festival “O Bule – Bule. Son dos chífanos” está ademais enmarcado no ciclo Compostela Rock, organizado polo Concello de Santiago.

ENTRADAS

As primeiras 50 entradas contarán cun prezo especial de 9 euros e pódense adquirir en Ticketea. O resto da venda anticipada é por 12 euros, máis gastos de distribución. Os billetes están dispoñibles no Teatro Principal (18-21h, de martes a sábado), A Reixa Tenda, Sala Capitol e Ticketea.

Tamén se poden adquirir o día do concerto, no propio despacho de billetes da Sala Capitol, por un prezo de 15 euros.

A apertura de portas será ás 20:30 horas.

Facebook – facebook.com/O-Bule-Bule
Entradas – ticketea.com
Sala – salacapitol.com
Compostela Rock – compostelacultura.com

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook