Ruthie Foster

Xullo 18, 2015

nota:

RUTHIE FOSTER

En 2010, Ruthie Foster foi candidata na categoría de mellor artista feminina nos Blues Music Awards.

As súas actuacións en directo teñen como protagonistas á súa poderosísima voz e ao seu máis que persoal estilo, que foron unanimemente bendicidas por crítica e público. Un bo exemplo é o disco “Live at Antone’s” (2011). Este álbum reportoulle o premio “Koko Taylor” como mellor artista feminina de blues do ano.

En 2012 publicou “Let it Burn”, que foi candidato aos premios Grammy de 2013 como mellor álbum de blues do ano.

O seu último traballo titúlase “Promise of a Brand New Day”, e foi lanzado ao mercado o pasado ano 2014. Este disco supuxo a súa terceira candidatura aos Grammy.

AXENDA