Rodrigo Leäo & Scott Matthew

Novembro 12, 2016

Rodrigo Leäo & Scott Matthew, con toda a banda ao vivo, o vindeiro sábado 12 de novembro en Ferrol. Data única en Galicia.

nota:

Presentación do novo disco: “Life is long”

Un compositor portugués cos ollos postos no mundo, un cantante australiano que vive en Nova York. Mundos separados,e aínda así tan preto. Un inventor de melodías máxicas e un auto descrito “fabricante do ruído silencioso”. Imposible resistir unha vinculación tan exótica. Scott e Rodrigo comezaron traballar xuntos discretamente. Pero en silencio ambos foron negociando melodías e palabras ata crear un álbum en colaboración que veñen a presentar: Life is Long. Quen os teña visto no escenario sabe o ricos que estes encontros son: a voz grave e doce de Scott e as melodías e orquestacións de Rodrigo casan á perfección.

Auditorio Municipal (AV/ do Mar S/N). Apertura portas: 20:00h . Entrada adiantada zoa A: 18 euros. Entrada billeteira zoa A: 20 euros. Resto de zoas adiantada: 15 euros e 18 euros en billeteira. Venda de entradas adiantas en Teatro Jofre, Sede AFundación de A Coruña (Cantón grande, 8), Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26), Sede AFundación de Compostela (Rúa Vilar, 8), Sede AFundación de Ourense (Praza mayor, 4), no teléfono 902504500 e www.ataquilla.com

AXENDA

Facebook