Rock & Elas: Bala + Agoraphobia

Marzo 01, 2018

nota:

“Rock & Elas” – Bala + Agoraphobia
1 marzo · 21:30h
Entrada de balde ata completar aforo.

O concerto leva por nome “Rock & Elas” e contará cos grupos de rock galegos Bala e Agoraphobia. Se levará a cabo dentro do programa para a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Bala
Formado por dúas mulleres (V e Anx), Bala ten xa ás súas costas dous traballos, un primeiro disco esgotado e re-editado chamado Human flesh e un segundo que veñen de presentar e que leva por nome Lume. O seu estilo musical achéganos ritmos de grunge, punk e rock.

Agoraphobia
Agoraphopia é un quinteto orixinario de Boiro, nacido en 2013 e formado por cinco mulleres: Susana, Aislinn, Sabela, Paula e Lucía. Teñen dous discos autoeditados, Dirty little things e Ready to play e, ao igual que Bala, apostan polo punk rock e o rock alternativo.

Facebook

21:30 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
De balde.