Radio Cos

Decembro 13, 2015

nota:

Actuación participante na Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Vai xa para nove anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.

Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
Eis a presentación de Alana, o adianto do disco que lanzarán en primavera. Foliada de Negreira baséase na canción co mesmo nome do repertorio de Cántigas da Terra. Urdime ... See MoreSee Less
Ver en Facebook