quique gonzález “la noche americana”

Abril 05, 2005

O título é unha clara pista de por onde van os tiros neste seu quinto álbum, o segundo “autoeditado”, pois deseguido veñen á mente os nomes de Tom Petty, John Mellencamp, John Hyatt … exemplos claros de songwriters (escritores de cancións) norteamericanos. Deixando a un lado o tentar de etiquetalo -cantautor roqueiro é o máis manido-, temos que falar dun dos mellores traballos desta nova realidade. El mantén o bo nível das súas composicións e o seu amigo Carlos Raya dá algunhas das súas mellores leccións nas cordas e na produción. Entre as trece cancións atopamos moitos argumentos sobresaíntes: o medio tiempo “Me agarraste” con Jorge Drexler, o claro sinxelo “Vidas cruzadas”, unha estupenda versión “Alhajita”, as súas habituais referencias cinematográficas, boxísticas, recordos melancólicos, toques fronteirizos, algún rocanrol e moitas imaxes. Máis do mellor Quique González no seu disco máis americano.
Pepe Cunha, 05-abril-2005

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook