“Ábrete de orellas” xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG … ) no 2003 creou Ábrete de orellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 2000 seareiros en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando. En outubro de 2013 regresou ás ondas e grava en Rádio FilispiM un programa semanal que comparte na Internet.
Hai un grande espazo entre a erudición e os gustos maioritarios e aí quere estar Ábrete de orellas; compartindo, divulgando, lanzando suxestións por riba de etiquetas, invitando a degustar e xulgar con templanza, calma e relatividade, cos menos prexuízos posibles.
O que din de Ábrete de orellas
“Um autofalante necessário e decididamente alternativo para quem quer conhecer e reconhecer o mundo da música sem bipartidismos, com as orelhas abertas a todas as ondas.”
Uxía Pedreira (Chouteira, Marful, aCentral Folque …)
“Ábrete de orellas supón abrirse a descubrir talentos ocultos, rememorar concertos vividos ou envexar a quen os viviron. Supón independencia e fuxida das modas. Cando Abres as orellas a vida soa mellor.”
Tomi Legido, programador musical
abretedeorellas.com, referencia da actualidade, crítica, axenda e publicacións da música popular, é un espazo necesario e modélico dentro do xornalismo online galego.
aCentralFolque
“Unha forma paixonal de entender a música dende Galicia onde ten cabida aquelo que ofrece creatividade y calidade”
Xavier Valiño, xornalista musical
“Ábrete de Orellas é un espazo para a música. Nestes tempos de intensa vida dixital valeira de contidos resulta gratificante atopar unha web na que se fala da música con criterio, onde a crítica non está manipulada por intereses comerciais e se di o bo e o menos bo dos discos, dos concertos e dos músicos e sobre todo onde queda claro que a xente que está detrás dela fai honra ó nome e ten as orellas ben abertas.”
Fernando Abreu (2uS, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky…)
“Atento a músicas que para a maioría dos medios, masivos ou non, son como mínimo subterráneas.”
Martin Wu (The Homens, Grampoder…)
“Ábrete de Orellas contribuye día a día a escribir la historia de la música popular de nuestro país y es uno los mejores lugares para descubrir canciones con alma.”
Manolo Bertrán (Doctor Divago)
“portal galego de lecer, radio, web, por un tempo colaboracións televisivas, parabéns por toda a info que nos ofrecedes”
Daniel Alonso (O Neno Ellitott, Os amigos dos músicos …)
seareir@s en facebook
“Artesanato e paixón. Ábrete de orellas é un referente.”
Casa Amelia dixit
“lugar onde podes atopar de xeito claro, dende información, opinións, suxerencias de todo tipo de actividades culturais”
Merce
“Uma fiestra de informaçâo. Que nâo e pouca coissa. Um programa musical de radio como deberían ser tudos. Sem máis, sem postureo.”
Sapoconcho
“Unha porta aberta á cultura musical”
Illa Natura
“Me interesa la información cultural que nos ofreceis, difícil de obtener por otros medios, además sois muy cercanos.”
Marta Molina