Please Wait + Tano + Klute

Abril 12, 2017

nota.

Despois da celebración do noso 10º Aniversario, non voltáramos a organizar ningún concerto e xa había ganas. Desta vez temos o luxo de traervos a tres bandazas que darán moito que falar.
Por un lado os protagonistas dun dos nosos discos favoritos do ano pasado: Please Wait. Chegan dende Sant Feliu de Guíxols a presentarnos “Look around, see inside”. Un discazo que nos transporta, dende o seu persoal punto de vista, a sons de bandas como Fugazi ou No More Lies.
Tano! son un dúo de Girona formado por compoñentes de Anchord ou Hürricade. Podemos atopar na súa música un sinfín de influencias post hc, punk, post rock… Nós quedámonos con Hardcore experimental. Poderemos desfrutar as cancións do seu novo traballo “TANO!”.
E a terceira banda non necesita presentación. Klüte por méritos propios converteuse na nosa referencia principal e, nun cartaz coma este, tiña que estar si ou si.

Vai ser un dos eventos deste 2017!
https://pleasewaitband.bandcamp.com/
https://tanoduo.bandcamp.com/releases
https://cgthrnrparty.bandcamp.com/album/kl-te-loser-ep

AXENDA

22:00 h.
Fundaçom Artábria, Ferrol.
De balde.