Os Cempés

Agosto 14, 2013

Festas da Xunqueira

noite do mércores 14 de agosto as 00:45h
Praza de Domingo Antonio Andrade (Praza do Concello)

Organiza: Concello de Cee e Deputación da Coruña.

Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco.
O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc, e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).
A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.
Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

AXENDA

00:45 h.
Praza do Concello, Cee.
De balde.