Os Carunchos “Lingua de xigantes”

Abril 01, 2021

O sétimo disco da formación xurdida en Vigo en 1994 por fin ve a luz. Gravado antes do confinamento e producido por eles mesmos, ‘Lingua de xigantes’ contén até dezaoito cortes inspirados por ese seu compromiso sen fendas coa cultura e o medio natural. A lingua, as paraxes naturais e as sonoridades tradicionais están tan ou máis presentes ca nunca da man de músicas directas, accesíbeis e feitas para seren cantadas e bailadas, nesa simbiose de percusións acompañando as voces e as melodías das zanfona, gaita e acordeón.

Cómpre salientar as cancións con versos de poetas, como Rosalía de Castro (“Meses de inverno”), Celso Emilio Ferreiro (“Nova canzón de amor” e “Derradeira vontade de Fuco Buxán”), Eduardo Blanco Amor (“Estrela” e “Muíño”); mais tamén sobre coplas recompiladas por Antonio Fraguas (“Cantarciño novo”) ou Rosa Piñeiro Pintos (“Avivaino”). Cantan á igualdade (“Sabeliña”), á lingua (“Lingua de xigantes”), á natureza (“As peras”) e aos lugares, onde atopamos instrumentais tan bonitos como “Angorén”, “Muiñeira de Arneles”, “Mariña” ou a cantada “Valdoviño”. E entre as composicións totalmente propias non hai reivindicacións máis evidentes que as de “Lumes nunca máis” (se cadra a peza menos lograda) e a que titula o disco.

Talvez este álbum sexa, en conxunto, o máis logrado dunha banda que signfica identidade irrenunciábel coa nosa tradición musical e cultural, Son “música, poesía, baile e diversión […] , son forte representación festiva dun pobo”, desde o máis sinxelo até as figuras recoñecidas polas academias. Iso si, arredados de elitismos e sofisticacións.

Pepe Cunha, 1-abril-2021

1. Sabeliña
2. Angorén
3. Meses de inverno
4. Lingua de xigantes
5. Nova canzón de amor
6. Muiñeira do caldiño
7. As peras
8. Estrela
9. Muiñeira de Arneles
10. Valdoviño
11. Mariña
12. Cantarciño novo
13. Foliada pequena
14. Lumes nunca máis
15. Zamburiña
16. O muíño
17. Avivaino
18. Derradeira vontade de Fuco Buxán

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook