O 25 de xaneiro nace o Festival Músicas para a Semente.

Xaneiro 15, 2015

nota:

O domingo 25 de xaneiro terá lugar no auditorio de Narón (praza de Galicia) ás seis da tarde o festival “Músicas para a Semente”. Actuarán o músico Xabier Díaz e os grupos “os dous de sempre + 1” e “Vai rañala meu”, todos eles artistas da comarca de Ferrolterra. O escritor Antón Cortizas e unha curtametraxe completarán a xornada. O diñeiro recibido será para financiar o centro educativo Semente que abrirá as portas na nosa Comarca o vindeiro curso.

O festival “Músicas para a Semente” vén para quedarse. No seu primeiro ano quer apoiar e darlle voz á música nacida en Ferrolterra e todo tipo de expresións artísticas: proxectarase unha curta feita por alumnos do CEIP San Xoan Filgueira que promove a lingua galega e vén de recibir premio “Escola” no XIX Festival de cine internacional de Ourense , Antón Cortizas contará unha historia e sortearase entre as persoas asistentes unha obra do artista Leandro Lamas.

A Asociación Cultural Semente Trasancos destinará o recaudado ao proxecto das escolas de ensino galego Semente en Ferrolterra pasando, unha vez aberta, a conformar parte da Rede de Escolas Semente xunto coa de Vigo e Compostela. Esta última leva funcionando tres anos con grande éxito.

As entradas están á venda na tenda de xoguetes didácticos “O muíño do Fabal” en Narón e na Fundaçom Artábria en Ferrol cun custe de dez euros. Ademais a partir das 17:30 do domingo 25 o auditorio abrirá as súas portas con actividades previas aos concertos.

As prazas son limitadas.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook