noites de luz: Chotokoeu + Kimbala

Decembro 26, 2014

nota:

VOLTAN AS NOITES DE LUZ

Despois de encher, o pasado 15 de novembro a Sala Garufa Club da Coruña, volven as Noites de Luz, un evento con música, baile e festa que chegará, nesta edición, o 26 e 27 de decembro na Sala Berlín (Ourense) e no Garufa Club respectivamente. A banda coruñesa Chotokoeu e os galaico­franceses Kilomba (antes Kimbala) teloneros oficiais de Manu Chao, serán os encargados de encher de luz e moita festa as noites do 26 e 27 de decembro.

Chotokoeu volven a tocar na casa co espectáculo co que estiveron xirando todo o ano por 6 países, ofrecendo máis de 60 concertos. Pola súa banda, os franceses Kilomba, con integrantes galegos na formación (anteriormente en Festicultores e Som do Galpom) traen a súa “latin­jarana­style” coa que percorreron europa con Manu Chao este verán 2014.

O Colectivo de picadiscos Brigada AM Soundsystem poñerá o peche de ouro ás Noites de Luz cunha das súas animadas sesións.

Noites de luz preséntase como un espectáculo cultural de calidade máis aló das tendencias comerciais e os seus organizadores confían en que se consolide co tempo. Nestes eventos as redes sociais serán unha parte fundamental, xa que o prezo en taquilla, de 7 euros, será de 5 euros para as persoas que compartan o cartel desde a páxina de Facebook de Noites de Luz.

¡Comparte cultura e vén vivir unhas noites de luz e música con Chotokoeu, Kilomba e Brigada AM! O 26 de decembro na Sala Berlín de Ourense, ás 20:30 e o 27 na Sala Garufa Club de A Coruña, ás 22:30 horas.

AXENDA

20:30 h.
Sala Berlín, Ourense.
5 / 7 €