Muyayo Rif

Novembro 11, 2011

Muyayo Rif (Ska-Punk Mestizo / Catalunya)

Muyayo Rif voltan a estrada presentando o seu novo espectáculo musical “Construmon” Todo o repertorio actual de Muyayo Rif está formado por temas compostos entre finais de 2008 e 2009. O directo de Muyayo Rif é un espectáculo completo a nivel musical e visual de 1h e 30′ sen interrupcións e onde a enerxía non decae nin un momento de principio a fin. Dan moita importancia á interacción co público baixo a premisa de ofrecer unha actuación dinámica e festiva. No potente directo de Muyayo Rif predominan a enerxía, a festa e a crítica social dende o espírito optimista e festivo que caracterizan á banda. Diferentes ritmos urbanos (ska, reggae, salsa, rock…) encóntranse neste proxecto musical con letras alegres e reivindicativas en catalán e castelán. Co seu directo, producido por Gambeat (baixista de Radio Bemba e Manu Chao e productor de bandas como La Pegatina ou Che Sudaka), Muyayo Rif conseguiu o primeiro premio da fina de talentos no Festimad Madtaste’09 no apartado de múisca raíz!

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
Por determinar