Mediarea “Sebo de Ghrilo”

Maio 04, 2024

Disque Gael Pérez (gaita), Zé Pumar (acordeón), Luís Malvido (bombo) e Rodri Martínez (tamboril) se xuntaron para tocar no Carnaval do Hío en 2020. Semella que a cousa tivo o seu aquel porque uns anos despois, pandemia mediante, Mediarea seguiron até presentaren esta gravación. Media hora dividida en sete pezas instrumentais que van desde o single directo que titula o disco até, por exemplo, unha máis extensa “Sirenas das Antípodas”.

“Sebo de Ghrilo” zumega paixón pola nosa música patrimonial e creatividade; é un debut máis que notábel para escoitalo con atención e que chama a velos en concerto. Argallan melodías que saen da música tradicional para contribuír á festa sen descoidar arranxos coidados, elaborados, que poden ir cara a algo máis complexo pero sempre accesíbel. Xa o din eles: “O Sebo de Ghrilo abrillanta, engraxa, afina, pule, lustra, lubrifica, potencia, suaviza, vigoriza, desenferruxa … “. Así é.

Pepe Cunha, 4-maio-2024

vídeoclip de “Sebo de Ghrilo”

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Coñecín a colombiana Lido Pimienta no Festival Sinsal 2022 (onde se non?!) e onte nos DUPLEX Cinema vin o filme recomendábel "Calladita", ao que achega esta música bonita.Anti Records, [PIAS]www.youtube.com/watch?v=vQwRRuOUcjI ... See MoreSee Less
Ver en Facebook