nota:
UNHA FABA, UNHA VIDA. As fabas galaicas viaxeiras.
Performance 2. “Proxecto Le Fooding”
Nun tributo á faba galaica, os alalás, un dos cantos galegos máis libres e máis xenuinos, soarán na voz de Uxía, a muller que nos fai sentir ese berro doce e rotundo. MOV cumplirá un soño, bailará alalás con ela entre os poemas escritos na pel e recitados con bravura elegante de voz e xestos mariñaos. O prato elixido nesta ocasión é o guiso picante de fabas galaicas con xudías. Cociñarán elas dúas para todos os asistentes que se atrevan a probalas.
A Casa das Crechas acolle este sábado 22 de febreiro un espectáculo moi especial no que arte e alimento se dan a man: “Unha Faba, unha vida: as fabas galaicas viaxeiras”, a performance protagonizada por Marina Oural que nesta ocasión está acompañada pola cantante Uxía. Esa noite xuntarán música, poesía e unhas fabas preparadas por elas dúas.
Chega a Compostela o fenómeno francés ‘Le Fooding’ que se estendeu por todo o mundo: a unión de comida (food) e sentimento (feeling). Foron dous críticos gastronómicos franceses, Emmanuel Rubin e Alexandre Cammas, os creadores do concepto que se foi extendendo desde París a Nova York e desde aí ás principias capitais europeas de vangarda como Londres, Milán ou Barcelona. Baixo este concepto a creatividade e os sentimentos buscan conseguir un gusto xenuíno, mesturando sabores nun ambiente confortable onde se disfrute de calquera elaboración culinaria.
Nesta segunda performance, a poesía e a composición musical serán os ingredientes das hortas do Val de Lourenzá e as terras de Mos. Uxía cantará alalás, un dos cantos máis libres e xenuínos, e Marina Oural bailará os alalás entre os poemas que recite.
“Unha Faba, unha vida: as fabas galaicas viaxeiras” é o segundo espectáculo do proxecto Le Fooding creado por Marina Oural para Casa das Crechas. As seguinte sesión terán lugar en marzo e nela participará o músico bretón Pierrot Rougier.
Marina Oural Villapol é unha poeta e artista multidisciplinar da Mariña luguesa, que se dedica profesionalmente ás relacións públicas e a xestión cultural.
Uxía é unha das cantoras máis importantes de Galiza. Con 12 discos ás súas costas, é xa un emblema da música galega, tamén como produtora e directora artística de festivais como “Cantos na maré”.
Máis información aquí: