Mañá comeza o Festival de Cans co talento dos veciños, a proxección de Tralas Luces e moito máis

Maio 22, 2012

O acto de apertura terá lugar na rotonda da Adroza onde os veciños vestirán o Can de Pedra cun look elegante á altura do agroglamour do festival e descubrirán a silueta dun can xigante de catro metros

Ás 17.30h. proxectarase no Baixo de Moncho o filme “Tralas luces” coa escena inédita “Caracois”, un filme de Sandra Sánchez, unha das fillas de Cans que vén de gañar tres premios Mestre Mateo e de pasar pola sección Zabaltegui do Festival de San Sebastiá.

Ademais, presentación da revista oficial do festival, CanZine, e da versión dixital do Tranvía

PROGRAMA DO MÉRCORES 23 DE MAIO
Baixo de Moncho (Cans):
17.30h. Proxección de Tralas luces+Escena inédita Caracois. Coloquio coa directora
Sandra Sánchez [p 9 e 11]
Rotonta da Adroza (Cans):
21.00h. Apertura da novena edición no Can de Pedra
Baixo de Moncho (Cans):
21.30h.- Día dos veciños
Presentación de CanZine
Presentación do xurado dos veciños
Presentación de 20 Anos do Tranvía. O Tranvía Dixital
Avance do making of de Cans 2011: O ano que saímos na CNN
Serán dos músicos de Cans
Actuacións de Pandereteiras de Cans, As Feiticeiras e Voces das Rías Baixas [p 6]

PROGRAMA DO XOVES 24 DE MAIO
Baixo de Moncho (Cans):
10.00h. Cans de Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios
con directores
Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño):
17:30h. Proxección de Arrugas+O final alternativo. Coloquio co guionista Ángel de
la Cruz e o produtor Manuel Cristóbal [p 9 e 11]

20.00h. Desfile de chimpíns desde o Parque Infantil ata o CRC cos equipos técnico e
artístico de Personal Movie. Amenizado polos Lajaretas
20.30h. Estrea mundial de Personal Movie [p 10]
Bar Tubulart (O Porriño):
23.30h. Noite V Clips, presentada por Isabel Risco [p 23]
0.30h. Sesión dj con Germán Coppini [p 6]

AXENDA