magín blanco “ella …”

Agosto 13, 2006

A primeira lembranza que un ten de Magín Blanco remóntase á escoita na TVG do tema “La canción de Otis Redding” da banda que entón lideraba. La Rosa era unha formación de pop rock ourensá que editou traballos entre 1989 e 1994 e entregou boas cancións que quedaron na memoria dun público máis afeccionado ou sensible ás súas composicións. Este é o caso da asociación Felicia, argalladora do Felipop, festival no que tiven o pracer de coñecer a un Magín que tras once anos volta editar un álbum. E poderiamos dicir, se non considerasemos tan longa e innecesaria a espera, que pagou a pena, pois atopamos moitos motivos de disfrute nesta colección adicada á muller: esa nana que é “Veño ou vou?” na que Magín está fermosamente acompañado pola voz de Uxía Senlle, “Palomita” nun encantador dúo con Gloria Van Aersen (si, a parte aínda presente neste mundo das Vainica Doble, cos seus máis de 60 anos), o sinxelo potencial que é “Volveré” (con Laura Arbiol aos coros), a sabia influencia do Dylan arredor do 65 en “Ella…”, a observación de personaxes de “Purita” e “Qué sabes tú?”, a melancolía de “Aquellos días”.. e o bo son da banda (Segundo Grandío ao baixo, Isaac Palacín na batería e percusións e Pepe Losada nunhas cordas moi americanas e atinadas para este disco) e a produción de Grandío. Exemplo desta calidade e traballo pode ser “Soneto”, o tema que pecha o disco co recitado de Nancho Novo (e a súa harmónica) sobre un coidado fondo musical. Fermoso traballo para os que gosten do pop maduro de influencia americana e da cercana voz de Magín. Inclúe making-off e vídeo clip.
Pepe Cunha, 13-agosto-2006

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook