Luis Fercán “Postales perdidas”

Maio 06, 2024

He aprendido a vivir mientras me suelto el nudo del pecho, contándolo en canciones”. Con este versos de “busco” se presenta o compostelán Luis Fercán no seu cuarto disco, o que debería significar o seu recoñecemento. Polo menos o de quen nos adicamos a falar de músicas, pois leva anos crecendo nesa popularidade que se nos escapa, a das recomendacións e escoitas en plataformas dixitais (o seu single “110” supera os catro millóns de reproducións en Spotify!). A súa traxectoria en solitario chamou a atención desde Madrid, onde foi facerlle un oco ás súas letras e voz áspera, resgada. Agora, xa de volta na casa, amosa a súa evolución e unha madurez notábel nun traballo que esperta comentarios do tipo “o novo Quique González”. E non é inxusto tal piropo se pensamos nun álbum sonoramente semellante a “Kamikazes enamorados”.

No anterior “Canciones Completas Desde Una Casa Vacía” (2021) apreciabamos que o seu discurso intenso ía diferenciándose e rachaba coa preguiza que decote transmite o mundo da canción de autor. Sen dúbida moito tivo a ver a produción de Nacho Mur (La M.O.D.A), polo que agora repiten esa simbiose para sacar o mellor das composicións do autor. Preséntannas en doses medidas para que estas nove “Postales perdidas” soen inspiradas, como se retratasen momentos concretos, “postales”, como apunta o título. Son directas, transmiten profundidade desde unha concreción da que carecían traballos anteriores; apenas teñen fenda e enganchan de principio a fin. O disco soa directo, coa calidez que asociamos ao analóxico, cunha banda que soa precisa en cada momento, ao servizo do que inspira cada peza e achegando detalles brillantes: a mandolina en “frío” e “ese borracho”, onde tamén brillan uns coros bailábeis á M.O.D.A.; a intensidade contida da sección en rítmica en “hay algo en esa luz”; a contaminación acústica do produtor en “una señal”; os teclados de “temple bar”; a escuridade roqueira de “rayas de cielo”; o final-despedida en só voz e guitarra con “tu recuerdo (verde otoño)”, e só me quedan por mencionar dúas favoritas: a aditiva “frío (al verte)” de corte folkie norteamericano e a descarnada “ahí atrás (miedo en el mar)”.

“Postales perdidas” son cancións grandes polo que transmiten de proximidade e verdade dun momento vital, desde a súa concreción e minimalismo. Rebordan melancolía, honestidade, intensidade, calidez … así que non o dubides se estás a pensar nesa escola do mencionado Quique González (mesmo poderiamos estabelecer un paralelismo na química coas producións de Carlos Raya, porque aquí a man de Nacho Mur é de chapeu). Influencias de Damien Rice, Tom Petty, Neil Young, Glen Hansard … aínda que, malia ser nomes de autor, “este disco es una reunión de amigos, que se juntaron a hacer música …”. Unha traballo notábel de cancións de autor co son preciso de banda ao vivo.

Pepe Cunha, 6-maio-2024

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
O SONORO MAXÍN, banda referente da Galicia tropical con mensaxe, volve cun EP titulado como a canción que o abre e desde xa un dos versos dos ano: “A primavera ten que ser nosa”. Culturactiva S. Coop. Galegaabretedeorellas.com/o-sonoro-maxin-a-primavera-ten-que-ser-nosa/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook