Lionel Loueke

Abril 06, 2013

en dúo: Guitarra-Voz e Batería
VI Ciclo de Jazz 1906

Lionel Loueke (Benin)

Só cando lle prestamos a atención que merece, o continente africano conmóvenos con incribles historias de talento e superación. Semellante á do seu amigo e compañeiro de fatigas Richard Bona, a viaxe heroica do sorprendente Lionel Loueke comeza cando parte da súa Bénin natal e vaise facendo grande en sucesivas escalas: Costa do Marfil, París, Boston -Massachusetts- (Berklee College of Music) e Washington (Thelonious Monk Institute of Jazz), onde Loueke chama poderosamente a atención de Herbie Hancock, quen no dubida en contar con el para o seu excelente disco de homenaxe a Joni Mitchell. Outro dos seus mentores destacados é o pianista Robert Glasper que exerce, ademais, de produtor en Heritage (2012), o terceiro disco firmado polo guitarrista para o prestixioso selo Blue Note e que presenta agora para 1906. O título fai referencia ás dúas herdanzas das que se sente debedor: a da súa orixe e a da música occidental. Loueke sabe conxugar ambas cunha desbordante creatividade e coa sensibilidade que conquistou a grandes do jazz como ao propio Hancock, Wayne Shorter, Terence Blanchard, Charlie Haden, Gonzalo Rubalcaba, Michel Portal… Non é ningunha casualidade que o rapaz que tiña que utiliza-los cables do freo da bicicleta como cordas toque hoxe con semellantes portentos. Non pérda-la oportunidade de escoitar a un guitarrista con dobre alma e de situar correctamente a República de Benín no mapa.

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.
7 €