nota:
LA IAIA
Con certo regusto folk, La Iaia transfórmase no primeiro power-trío da historia do rock catalán e ofrécenos unha arriscada mistura de cancións de temática onírica e, por conseguinte, menos explícita. Envoltas nun novo son electrónico, internacional e tremendamente compacto, procuran a trascendencia a través do risco premeditado, o criterio artístico e a liberdade interpretativa.
Foron o grupo revelación para a crítica e para o público nos Premios Enderrock 2012 (os principais de Cataluña)
A Casa das Crechas acolle o concerto de La Iaia, o auténtico grupo revelación do pop catalán. Esta banda de Vic irrompeu no panorama cun primeiro disco, ‘Les ratlles del banyador’, refrescante e sorprendente, que os levou a gañar o Premio Enderrock da crítica ao grupo revelación de Cataluña, ademais doutros galardóns como o Vic Sona e o Sona9.
E logo de triunfar en Cataluña saen de xira para presentar seu segundo traballo, ‘On es la magia’, no que La Iaia pasa do indie/folk do primeiro disco a ser o primeiro power-trío da historia do rock catalán, no que nos ofrecen unha arriscada mistura de cancións de temática onírica e, por conseguinte, menos explícita. Envoltas nun novo son electrónico, internacional e tremendamente compacto, procuran a trascendencia a través do risco premeditado, o criterio artístico e a liberdade interpretativa.
Unha das súas cancións, ‘Jo vull ser la meva iaia’ (Quero ser a miña avoa), convertiuse pronto nun hit. Esa avoa que criou a Crussats de neno é a evidente protagonista da súa aventura musical. Pero tamén súa nai, a quen lle dedica unha canción.
La Iaia son: Ernest Crusats, Jordi Torrents e Jordi Casadesús.
A banda está percorrendo a Península nunha xira con catro paradas en Galicia: Casa das Crechas o xoves 20, Clavicémbalo (Lugo, 21), Auriense (Ourense, 22) e Aturuxo (Bueu, 23).
http://www.rockdelux.com/audio-video/p/la-iaia-l-os.html
Máis información:
http://www.laiaia.cat/