Jenny and the Mexicats

Decembro 17, 2011

Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

Jenny comezou a toca-la trompeta con 7 anos e autoaprendeuse a cantar e a toca-la guitarra con 15. Ten tocado en bandas de jazz e de clásico unha grande parte da súa vida, así como en moitas orquestras. Jenny and the mexicats é unha fusión de nacionalidades e personalidades, unha banda que ten unha historia moi particular, máis que nada accidental… Comezou o seu camiño como Pachucos y la princesa, en 2008, cando Jenny (vocalista, trompetista e compositora ) viaxa a Madrid durante unha xira da orquestra clásica á que pertencía e coñece a ‘icho’ (contrabaixista). Iníciase a partir deste momento, unha cadea de sucesos que culminan na creación da banda. En primeiro lugar Jenny múdase a Madrid e decide, xunto con ‘Icho’ formar unha banda, deste xeito, ‘Pantera’ (guitarrista flamenco) e amigo da infancia de ‘Icho’ entra a formar parte da banda, xa só precisaban un baterista pero non atopaban a ninguén así que ‘Pantera’ propón a David (caixón e percusións) ao cal coñecía do mundo do flamenco. Deste xeito complétase a banda. Así é como nace “a pequena aventura dunha neniña inglesa que emigra a España na procura de novos sons”, así é como nace Jenny and the mexicats… A combinación do flamenco, co folk e rockabilly fixeron que Jenny comezara a compoñer moito e Jenny and the mexicats empezara a ensaiar no sitio onde todos se coñeceran: un tablao de flamenco. A banda viaxa a Londres en agosto de 2008 para tocar nun festival de axuda contra o cancro e alí o grupo decátase de que teñen algo diferente entre as mans e deciden continuar tocando en Inglaterra, España e México. A principios do 2009 a discografía inglesa canned Heat, fixouse neles e ofrecéronlles gravar con productores que traballaron con Amy Winehouse, The Cure, Depeche Mode entre outros. Jenny and the Mexicats segue a medrar e está traballando no seu primeiro álbum (starting something). e recentemente foron premiados co Premio Nacional Factoria Joven 2011 de España, Premio AIE Artistas en Ruta, 2º Premio de Festimad Villa de Madrid e gañan o Maratón Festi MADtaste nos Premios CEV-Factoría Joven Comunidad de madrid, na categoría rock e pop.

AXENDA

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
6 / 5 / 3 €