Ilegales

Decembro 22, 2018

nota:

Presentación en Galicia do novo disco: “Rebelión”

Sábado 22 de decembro. Ferrol. Auditorio municipal

Apertura de portas: 20:30h. Concerto: 21:00h. Entrada adiantada: Dende 16 euros. Entrada billeteira: 20 euros. Venda de entradas en Ataquilla e billeteira do Teatro Jofre

“SI NO LUCHAS TE MATAS”, O FURIOSO RETORNO DE ILEGALES

Clarividencia inconformista, rebeldía desaforada, provocación infatigable… é imposíbel falar da carreira musical de Ilegales sen poñela en contexto coa crítica á realidade política e social contemporánea. É que dicir Ilegales, é dicir moito. Despois da estrea o ano pasado do seu celebrado documental “Mi vida entre las hormigas” o guitarrista Jorge Martínez e a súa banda regresan con “Si no luchas te matas”, single adianto de “Rebelión” (La Casa del Misterio.2018) o seu duo décimo álbum de estudio que editará en setembro.

Na boca do propio Jorge Martínez:

“Paseaba por el centro de la ciudad de México cuando, accidentalmente, me vi envuelto en una gran manifestación. En una pancarta se leía “si no luchas te matas”. Automáticamente todas las consignas, canciones y tensiones de los días de lucha vividos regresaron como si nunca se hubiesen ido. Incluso, contra toda lógica, un viejo himno carlista se enrosco en mi cabeza. El paso y el corazón iban rápidos, valientes, furiosos. Cuando regresé al hotel grabé en el teléfono un poco de ese ambiente. Esta canción demuestra que el presente está hecho de pasado y futuro.”

Precedidos por case catro décadas entregados ao rock, os novos temas da formación asturiana causan tanta expectación pola súa violenta autencidade como polo seu contido incendiario, desobediente e arrebatada mente contestatario. Proba delo é o anticipo que lanzan ao mercado, cuxo máis que elocuente título impacta da mesma maneira que o seu vídeo musical. Toda unha declaración de intencións, selo habitual da casa.

Realizado polo premiado director Titi Muñoz e protagonizado polo recoñecido actor Alberto Rodríguez, o videoclip centrase nun profesor que intenta aleccionar aos seus alumnos con mano dura, mediante fotos e cadros históricos. Nalgunhas desas imaxes aparece Jorge Martínez – ensartado mediante o emprego do chromakey e outras técnicas de posprodución nas que envía mensaxes aos alumnos para sacarlles o dominio do seu titor.

AXENDA