III festival Metamovida: Igmig + Zamaramandi + Es un árbol + Orquesta Metamovida

Xaneiro 15, 2016

IGMIG + ZAMARAMANDI + ES UN ÁRBOL + ORQUESTA METAMOVIDA

O colectivo Metamovida está de celebración. Na Meta fían fino, moi fino, e leva o seu tempo preparar un evento tan intenso coma este: a festa magna da escena underground galega que se vai celebrar na Sala Capitol, en Santiago DC. haberá un pequeño incendio.

10€ anticipada / 12€ taquilla
Venda de entradas: Santiago: Miranda – Cultura para levar / Vigo: Honky Tonk / Pontevedra: Liceo Mutante / Coruña: Portobello

nota:

Chegou o día, amigos. Non é sinxelo, pero imos tratar de facer un pequeno resumen do que vai pasar o venres na Sala Capitol. Non olvidedes que aínda podedes mercar as entradas anticipadas nos seguintes puntos de venda:

– Online, aquí
– Discos Portobello (A Coruña)
– Nave 1839 (A Coruña)
– Ummagumma (A Coruña)
– Liceo Mutante (Pontevedra)
– El Pueblo (Ourense)
– Honky Tonk (Vigo)
– Miranda Records (Santiago)
– A Reixa (Santiago)

ORQUESTA METAMOVIDA
En 2010 catro bandas amigas pasan unha fin de semana xuntas nunha casa tocando. Aínda non o sabían, pero estaba nacendo a Orquesta Metamovida. Foi a semente do colectivo e de todo o que pasaría despois. Pouco a pouco a cousa foi medrando, e a esas catro bandas sumáronse moitas máis. Chegaron os concertos e os festivais, a idea de crear unha orquestra de improvisación xa era real.
A día de hoxe o colectivo conta con catorce bandas de tódolos estilos posibles, e a Orquesta está que ferve. Este venres repetiremos a inesquecible experiencia que foi o festival no ano 2014, e que podedes lembrar aquí.

IGMIG
IGMIG son a festa, a tolemia, un directo que desprende enerxía por tódolos costados. Podedes esperar de todo deste trío vigués: postpunk, funk, rock progresivo, techno,… e unha posta en escea moi próxima á performance e ao teatro. O seu disco “Shaishacarraskaishe!!” (2014) poder dar unha pequena idea, pero nada coma velos en directo. Aquí unha mostra do ben que o ides pasar con eles.

ES UN ÁRBOL
Es un Árbol son un pouco de King Crimson, un poco de Frank Zappa, un pouco dos Monty Python”s… e moito máis. Desa mistura de influencias xurdiron dous traballos: “La Buena Nueva” (2011) e “En el Parlamento” (2014), con letras que falan de Monsanto, o Parlamento, Gadafi, o Corte Inglés, os porteiros de discoteca… non se sabe moi ben se estás asistindo a un concerto ou ao mellor monólogo humorístico da túa vida.
Ide aprendendo as letras aquí.

ZAMARAMANDI
Zamaramandi son o reggae feito big band: doce persoas no escenario. Influenciados polo son Reggae Roots dos anos 70, comezaron a súa andanza no ano 2008 en Vigo, pero non foi ata o 2014 cando sacan o seu primeiro longa duración, “Mesopelagic”. Teñen a honra de ter compartido escenario con lendas do estilo coma Fully Fullwood”s Band e de participar en moitísimos importantes festivais fóra de Galicia. Serenidade no son e rebeldía nas letras… preparádevos para a viaxe.
Coñecede “Mesopelagic” aquí.

AFTER PARTY: PÁLIDA E GUILLE DJ
Como non podía ser doutro modo, poñemos un remate de ouro: Pálida e Guille farán bailar a todo o mundo no Cachán. O primeiro cos seus coñecidos traballos electrónicos que van dende o trance ata o shoegaze ou a psicodelia.
Pola súa parte, Guille tirará de clásicos que nunca poden faltar nunha boa festa.

VÉMONOS O VENRES!

AXENDA

21:00 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
10 / 12 €