García M.C.

Xuño 18, 2013

nota:
García MC, coñecido por proxectos como Dios Ke Te Crew ou Labregos do Tempo dos Sputniks, presentará na Casa das Crechas o seu “Abaixo e de Pé”, un traballo no que amosa amor e raiba, unha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra.

Será este un concerto de ritmo e oralidade, no que camiñaremos por Ordes, o Bronx ou a Selva Lacandona, acompañado por DJ Mil, todo desde un posicionamento claro: Abaixo, e de pé.

“Abaixo e De Pé” é o seu primeiro EP en solitario, un disco que non só celebra as loitas contra o poder da xente humilde de todo o mundo, senón que convida a aprender do exemplo de dignidade de Chiapas, comunidade que o autor coñece ben grazas ás numerosas viaxes que fixo alí.

Máis info:

AXENDA

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
4 €