festival Reperkusión 2014: Manu Chao La Ventura + Terbutalina + Daniel Lança + Dirty honkers + Crassh + Hadri H. & Friends

Xullo 12, 2014

nota:

Manu Chao estará no Festival Reperkusión 2014. O artista franco-galego, un dos músicos máis populares do planeta, volverá un ano máis á Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense), onde se celebra a 12ª edición de Reper os días 11, 12 e 13 de xullo. Será o cabeza de cartel da xornada do sábado 12, na que tamén soarán o techno swing nacido en Berlín dos Dirty Honkers, o ska afro reggae e rumba fresca das rúas de Barcelona a través de Dani Lança, o garage-punk desenfadado dos Terbutalina e a selección de ritmos globais para bailar sen descanso de Hadri H + Friends. A noite antes, o venres 11, será a rumba rockeira de Muchachito y sus compadres, a elegante mestura de drum & bass e world music dos N.O.A.H, a enerxía dos ritmos do mundo de Kimbala, a percusión o movemento e a comedia visual de Crassh, os ritmos frenéticos de Cuchufellos e os grooves de gran formato de Funkombo os que poñan o público do festival.

O Reperkusión cumpre así un ano máis coa tradición de contar na programación con algún dos artistas que máis destacaron na edición anterior: volve a Ourense Manu Chao, que di sentirse no Reperkusión e en Bemposta como na súa casa. Artista inspirador, comprometido e creativo como ningún outro, Manu Chao volve ao Reperkusión escoltado polos seus fieis escudeiros, Gambeat (baixo), Madjid (guitarra) e Philippe Teboul (batería). O cuarteto rock La Ventura está formado por compañeiros en proxectos anteriores como Radio Bemba ou Mano Negra e constitúe a formación perfecta para interpretar os temas máis míticos de Manu Chao.

As entradas están á venda na web entradas.reperkusion.com

Ourense: Centro Comercial La Región Paseo,
Café Auriense, Saborido Tapería, Faíscas
Santiago: A Reixa Tenda
A Coruña: Discos Portobello
Lugo: Don Disco
Vigo: Tienda Tipo
Pontevedra: Boom Box Wear

AXENDA

Cidade dos Muchachos de Bemposta, Ourense.
15 / 25 €