festival A Candeloria: Narco + Aspencat + Zoo + Familia Caamagno + Nao + Habelas Hainas

Febreiro 19, 2016

nota:

O festival A Candeloria ha ter lugar os días 19 e 20 de febreiro deste ano no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Ademais dos concertos, anuncian a Feira Candeloria e o II Concurso de Cantos de Taberna.

Feira Candeloria: Nesta edición, coa Feira Candeloria, repitese a experiencia do ano pasado, abrindo o recinto do festival a artesáns, discográficas, tendas de libros ou asociacións para que expoñan o que fan creando no Hall do Pazo de Feiras un ambiente incrible. Os interesados en expoñer poden obter toda a información necesaria na web do festival.

II Concurso de Cantos de Taberna: A segunda edición do Concurso de Cantos de Taberna celebrarase durante a tarde do sábado 20 de febreiro polos bares do Barrio da Ponte. Nesta zona ata un total de dez grupos participarán no concurso cantando pezas populares coas que farán pasar un gran momento a todo o público que se achegue. Os premios por gañar esta segunda edición serán unha cea e un pack de licores do país e para o segundo clasfificado camisolas do festival A Candeloria. Os interesados poden obter información sobre isto na web do festival.

Grupos e entradas: Actuarán Soziedad Alkoholika, El Último Ke Zierre, Diplomáticos de Monte Alto, Nao, Zoo, Aspencat, Narco, Vendetta, Familia Caamagno, Zenzar, Ataque Escampe, Habelas Hainas e Poetarras. O que fan un total de 12 grupos divididos en dous días.

O prezo do bono de dous días para o festival son 22€ e este pódese comprar a través da plataforma Entradas a tu alcance en internet, en calquera oficina de Correos, ou en Don Disco (Lugo), Discos Portobello (A Coruña), A Reixa Tenda (Santiago de Compostela), Bar Faíscas (Ourense) e Tendas Tipo (Vigo). Tamén están a venda packs que xuntan bono e camisola por 27€ e bono e suadoiro por 33€.

Viaxes Organizados: A compañia Festy+ organiza o transporte en bus oficial do festival. Ofertanse viaxes dende A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense, León, Ponferrada e Astorga. O prezo destes viaxes subirá o día 1 de Febreiro. Na web do festival pódese obter máis información.

AXENDA

Pazo de Feiras e Congresos, Lugo.
22 €