Festa de II Aniversario de Desconcierto Cultural: McEnroe + The Soul Jacket + Carreo Bianco

Marzo 16, 2013

Sede SGAE / Fundación Autor (Rúa das Salvadas 2A, Parque de Vista Alegre)
Anticipada: 10€ (+gastos) | Taquilla: 12€ | Socios gratis

Entradas no Teatro Principal, A Reixa Tenda, ou en ticketea
Os protagonistas da festa serán McEnroe, grupo de Getxo cunha proposta a medio camiño entre o shoegaze e o folk-pop máis pausado. A banda, difícil de ver nos escenarios galegos, virá presentar o seu último disco, Las Orillas. Se ben neste novo traballo fan gala dunha maior luminosidade ca nos anteriores, a melancolía, transmitida a través das coidadísimas letras e da persoal voz de Ricardo, segue a ser o sinal de identidade da banda. Os primeiros Mojave 3, Red House Painters e un universo poboado de chuvia, mar e amores frustrados marcan as coordenadas estilísticas da proposta.
No concerto, que se enmarca dentro do Ciclo Compostela Rock e que comezará ás 21.00 na Sede SGAE-Fundación Autor, os vascos terán o seu contrapunto perfecto en The Soul Jacket. A banda galega situouse, coa publicación do seu sorprendente primeiro álbum Wood Mama, nun posto privilexiado na escena underground nacional con máis querenza polos sons americanos. Dotados dun directo abraiante, The Soul Jacket esgotaron a primeira edición do seu debut, que foi escollido como segundo mellor álbum nacional na lista anual de Ruta66.

Á medianoite segue a festa na Sala Kuntshalle coa banda ferrolá Carrero Bianco.

AXENDA

21:00 h.
Sede SGAE / Fundación Autor, Santiago de Compostela.
10 / 12 €